viernes, 30 de noviembre de 2012

O Castro de Cerdido

Cerdido, un pobo non moi coñecido situase entre o mar e o interior das comarcas de Ferrol e Ortegal.
Limita ó norte con Cedeira ó este con Ortigueira, ó sur con Somozas e Moeche e ao oeste con Valdoviño.





Ó mais antigo que se encontra neste concello é un castro dos celtas que encontrase dentro dun val que se chama Vila de Igrexa , nunha zoa elevada que  hoxe en dia se encontra unha área recreativa que fai moitos anos os celtas construíron alí unha cidade castrexa.



Contan os mais antigos do lugar que os celtas agacharon dentro das súas murallas uns tesouros de ouro, non iban moi desencamiñados porque no 1840 uns arqueólogos atoparon un torque de ouro único en Galicia, trátase dunha joya celta atopadas en Irlanda. Non se sabe se é unha lenda ou non , xa que , non se encontran en ningun museo , nin se sabe nada dos famosos torques.

martes, 23 de octubre de 2012

Que será de nós....



Os galegos deron o seu apoyo unha vez máis ó partido popular encabezado por Alberto Nuñez Feijoo. 
Podemos pensar... Como somos capaces de volver a darlle o poder a un partido político que o único que fai e recortarnos algo tan importante como na sanidade pública , na educación e nos dereitos dos traballadores?
Tamén podemos pensar que hai máis xente de cartos que traballadores ? xa que , seria lóxico que a xente traballadora votase un partido de esquerdas. Os numeros non cadran así . 
Entonces podemos pensar que algo falla na esquerda para que os traballadores non voten ó partido.
De todas maneiras a xente esta moi cansa dos políticos por iso houbo moitos votos en blanco e moitas persoas que non votaron,.
Supoño que si as forzas da esquerda estiveran máis concentradas nun solo partido ou dous como máximo podrían igualarse un pouco a dereita.Porque si sumamos os votos dos tres partidos da esquerda igualamonos ós votos da dereita. 

domingo, 21 de octubre de 2012

A maxia galega!


Para min Galicia é especial, por que aparentemente parece una terra triste , con pouca cousa ..
Pero cando te introduces dentro dela descubres a súa maxia , resulta que a terra galega é moito máis que chuvia ….


É beleza    … 





É natureza...                                                                         
                                  ... e como esta, ningunha.







E AS SUAS AUGAS?...                                                                     
                                      …MAGNÍFICAS.






E AS ALDEAS?...                                                                                                                                      …VIVIR NUNHA ALDEA É SENTIRTE LIBRE E CON MOITA TRANQUILIDADE, EN CONTACTO COA NATUREZA E NADA MELLOR  QUE O GALO CHE DESPERTE A PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ.








E O NOSO QUERIDO SAN ANDRÉS?...                                                                                                 
                                                            …É FERMOSO, ESTE SITIO TEN MOITA MAXIA CON MOITAS LENDAS E COSTUMES.





E QUE ME DIS DOS NOSOS GAITEIROS?...OS QUE ALEGRAN AS FESTAS,


..QUE DENDE FAI MOITISIMO TEMPO ATA HOXE..


                                      ..NUNCA PERDEUSE A COSTUME.



       É UN PARAÍSO  ... EU DENDE LOGO, NON O CAMBIO!