domingo, 2 de diciembre de 2012

Dólmen de Dombate

O dólmen de Dombate , sitúase en Bergantiños, Galicia.
É un monumento megalítico funerario duns 6.000 anos de antiguedade.
Ten uns 24m de diámetro e 1,8m de altura e consta dunha capa de terra cuberta por unha coraza pétrea formada por pedras planas de maneira horizontal , mentres no interior se constrúe con pedras ben trabadas.







No interior do dolmen localizaronse importantes restos de arte en forma de grabados e pintura.
Os grabados encontranse nas losas da cámara e constitúen unha serie de motivos xeométricos.
Ás pinturas componse de pinturas roxas e negras e se situan nas losas da cámara e do corredor, 
dibuxan figuras xeométricas formando zigzgas , rectas paralelas bordeadas de puntos e líneas onduladas.




Este é un dos moitos dolmens e monumentos que nos deixaron na nosa terra os mouros , celtas.. Grazas a estes monumentos podemos saber máis da súa vida , costumes.. e ter así unha cultura propia.

Se nos remontamos na historia...

Mirando cara atrás na nosa historia , podese recoñecer os seus orixes mitolóxicos.
Un exemplo é o dos mouros e mouras , que hoxe en día se falas de mouros nalguna lenda ou conto , pensase que son persoas de orixe árabe , e non é así.
Os mouros eran criaturas que vivían no subsolo nunhas guaridas e túneles baixo a terra, as veces dedicábanse a extración de ouro. 
Se di que algúns eran de pel oscura e gran altura, coma se fosen alleos a terra galega.


As mouras , eran rubias de pel branca , non acostumaban saír a superficie terrenal , eran solitarias, en moitas lendas estas mouras aparecen axudando os mortais, pero non sempre tiñan boas intencións.
Eran mulleres fermosas , en ocasións necesitaban a axuda do home para romper unha maldición que as convertía en serpes.
Esta moura-serpe traía un clavel na boca. O home tiña que sacarlle o clavel ou darlle nove bicos para sacarlle o feitizo. 
A serpe , é unha simboloxía galega que ven dun fondo histórico.



En la gran mayoría das lendas se lles asocia coa construcción de dólmenes,túmulos,castros, minas romanas ou calquer tipo de ruína anterior aos celtas. A nosa terra está repleta destas construccións.





En algunhas lendas se chega a dicir que teñen poderes máxicos. Dise, por exemplo, que dando unha patada ó solo poden abrir unha brecha e entrar ó subsolo onde se escondían. Noutras lendas dise que aún hoxe en día viven agochados baixo os túmulos e castros.


sábado, 1 de diciembre de 2012

Os trasnos galegos.

Na nosa terra , Galicia , fálase moitas veces dalgúns ditos famosos, que os escoitas ou os dis moitas veces , como por exemplo : Anda facendo trasnadas ou é un trasno , se di de alguén que non para de facer transnadas. Outras frases ditas como : anda feito un trasno, que é a persona que anda soa polos camiños,seica anda o trasno comigo, é o que di unha persoa que lle sae todo ó revés. Tamén o refrán : nunca se farta o trasno de facer trasnadas.

Todas estas frases proceden do comportamento dun ser mitolóxico fantástico moi coñecido en Galicia chamado trasno.
 



Estes seres son espíritus da noite , sen forma determinada ,  é un duende travieso, inquieto pero sen ningún tivo de maldade. Moitas lendas din que os trasnos métense polas noites nas casas cando as persoas durmen, se estan de bo humor fan as labores do fogar, e se estan enfadados rompen cacharros, esconden cousas, provocan pesadelos etc... En caso de que a familia faga unha mudanza , o trasno vai con eles.
Para librarse destes seres hai que encargar unha tarea imposible de conseguir, como non o da conseguido marcharase para sempre , como por exemplo: deixarle unhas semillas de gran esparcidas polo chán.



   
Moitos galegos polas noites escoitan ruídos , golpes...e xa saben que son os trasnos facendo das súas trasnadas.