domingo, 2 de diciembre de 2012

Se nos remontamos na historia...

Mirando cara atrás na nosa historia , podese recoñecer os seus orixes mitolóxicos.
Un exemplo é o dos mouros e mouras , que hoxe en día se falas de mouros nalguna lenda ou conto , pensase que son persoas de orixe árabe , e non é así.
Os mouros eran criaturas que vivían no subsolo nunhas guaridas e túneles baixo a terra, as veces dedicábanse a extración de ouro. 
Se di que algúns eran de pel oscura e gran altura, coma se fosen alleos a terra galega.


As mouras , eran rubias de pel branca , non acostumaban saír a superficie terrenal , eran solitarias, en moitas lendas estas mouras aparecen axudando os mortais, pero non sempre tiñan boas intencións.
Eran mulleres fermosas , en ocasións necesitaban a axuda do home para romper unha maldición que as convertía en serpes.
Esta moura-serpe traía un clavel na boca. O home tiña que sacarlle o clavel ou darlle nove bicos para sacarlle o feitizo. 
A serpe , é unha simboloxía galega que ven dun fondo histórico.



En la gran mayoría das lendas se lles asocia coa construcción de dólmenes,túmulos,castros, minas romanas ou calquer tipo de ruína anterior aos celtas. A nosa terra está repleta destas construccións.





En algunhas lendas se chega a dicir que teñen poderes máxicos. Dise, por exemplo, que dando unha patada ó solo poden abrir unha brecha e entrar ó subsolo onde se escondían. Noutras lendas dise que aún hoxe en día viven agochados baixo os túmulos e castros.


No hay comentarios:

Publicar un comentario