sábado, 1 de diciembre de 2012

Os trasnos galegos.

Na nosa terra , Galicia , fálase moitas veces dalgúns ditos famosos, que os escoitas ou os dis moitas veces , como por exemplo : Anda facendo trasnadas ou é un trasno , se di de alguén que non para de facer transnadas. Outras frases ditas como : anda feito un trasno, que é a persona que anda soa polos camiños,seica anda o trasno comigo, é o que di unha persoa que lle sae todo ó revés. Tamén o refrán : nunca se farta o trasno de facer trasnadas.

Todas estas frases proceden do comportamento dun ser mitolóxico fantástico moi coñecido en Galicia chamado trasno.
 



Estes seres son espíritus da noite , sen forma determinada ,  é un duende travieso, inquieto pero sen ningún tivo de maldade. Moitas lendas din que os trasnos métense polas noites nas casas cando as persoas durmen, se estan de bo humor fan as labores do fogar, e se estan enfadados rompen cacharros, esconden cousas, provocan pesadelos etc... En caso de que a familia faga unha mudanza , o trasno vai con eles.
Para librarse destes seres hai que encargar unha tarea imposible de conseguir, como non o da conseguido marcharase para sempre , como por exemplo: deixarle unhas semillas de gran esparcidas polo chán.



   
Moitos galegos polas noites escoitan ruídos , golpes...e xa saben que son os trasnos facendo das súas trasnadas.                    

No hay comentarios:

Publicar un comentario