viernes, 17 de mayo de 2013

A evolución da televisión


En 1920 a television non era totalmente eléctrica , o seu mecanismo era semi-mecanico era unha caixa grande e unha pantalla moi pequena.



A medida que pasaban os anos as pantallas seguian sendo pequenas pero a caixa ibase facendo pequena para poder colocala nunha mesa.





Ó final dos 30 a televisión perfeccionouse e o seu mecanismo foi electrico. Despois terminada a Guerra a producción baixou moito e alguns canais pararon a sua transmisión.



En 1948 despois da Guerra, saíu un novo modelo ó mercado. Recuperouse a economia e a xente empezaba a mover a diñeiro. A televisión empezou a ser un electrodoméstico que todas as familias a querian ter.



En 1960 a televisión deu un gran cambio radical , pasouse de ver en blanco e negro a verse con cor.



No 1974 saíu unha nova televisión ó mercado , moi caracteristico dos anos 70.





Nos anos 80, comenzouse a dar como o modelo de hoxe en día , o cambio revolucionario foi o control remoto era moi costoso pero gran complemento da televisión en moitos hogares.




Nos 90, os televisores de preyeccion empezaban a ser vendidos, coa necesidade de ter pantallas mais grandes como se fose un cine.



Os televisores de hoxe en dia cada vez son mais innovadores, as pantallas de plasma, pantallas LDC e de alta definición ...







jueves, 16 de mayo de 2013

Cartillas de racionamiento


Os anos da potguerra, 1939-1953, coñecidos como os anos da fame, polo que sufriu a poboación despois da guerra civil. Implantouse un réxime de racionamento cos productos básicos de alimentación para as persoas que non podian dispoñer deles.





A cartilla era esencialmente un talonario de varios cupóns onde se indicaba a cantidade e tipo de mercancia que unha persoa tiña que recoller nun establecemento asignado. Era carne e productos alimenticios básicos eran de tres clases segundo a categoria do demandante.







As persoas encargadas en repartilas eran chamadas " os do abastos" dicese que cando estes iban a un pobo os campesiños escondian as vacas, as legumes a fariña... para poder disfrutar eles tamén da cartilla.


                                              


As cartillas familiares estiveron presentes dende 1939 ata 1943 que foron cambiadas por cartillas individuais para asegurar un control mellor e a asignación a cada persoa.


miércoles, 15 de mayo de 2013

recordos do pasado


Esta vez o meu querido avó lembrouse dun par de anécdotas neses tempos cando el era pequeno e tiña moito medo o que sucedia…

E dixome:

Recordo un dia estando cun zapateiro que había a carón da miña casa, vimos pasar como unas 6 persoas algunhas con vestimenta rara, mandoume ver quenes eran , ó ver algo raro y que algunhas persoas eran coñecidas, me volví e conteillelo e me dixo: vete para casa!que son os escapados! Pechamos portas e ventás e pronto chegou o alcalde do barrio chamando o meu pai para facer guardia a dous que habían matado un fora alcalde e o outro non sei que cargo desempeñara.



Uns anos mais tarde era eu sacristán e o cura mandoume ir a mercar tabaco. E cando estaba con el na cociña chegaron os escapados e lle dician  que lles entregara as armas respondendolles que non as tiña , entonces nos levaron ós dous para fora , amin me arrimaron ó pozo da auga, avisándome que non me moverá de alí e ó cura o levaron ata a carreteira onde estaban os outros compañeiros.

O pouco tempo con moito medo de que me viran marchei cruzando matorrais a gatas ata chegar a unha casa cercana, metendome chorando debaixo das saias dunha anciá que estaba sentada nun banco.
Neste momento chegou o marido dicindo: “cerrar todo que están ahí os escapados e a garda civil”  empeza entón un tiroteo con dous escapados mortos e un garda civil.

tempos complicados


Pregunteille ó meu avó a forma de vivir cando el era cativo…

E recordando lembrouse dalgunas cousas… e contoume:


Eran tempos moi difíciles, vivíamos co corazón nun puño, pasaba fame de pan de trigo e medo, moito medo..

Que se milicianos, vecinos nostros , que si a garda civil, vestidos con aqueles capotes largos e armados ata as uñas que ó velos nos meabamos de medo.

Éramos unha familia humilde, labradores e con poucos recursos, vivíamos do froito da terra arrendada que traballaban os meus pais, a terceira parte da colleita era para o propietario das terras , mais os días que había que traballar para eles gratis.






Era fillo único , vivía cos meus país e unha tia da miña nai , por iso todo o que xuntaban era para “Pepiño” ( o meu avó).




Pola mañá, subia a escola unitaria “do castro”por un sendeiro polo medio do monte con zocos de madeira e cando chovia poñiame un saco do abono na cabeza.




Iba pasando o tempo  e a necesidade e o medo incrementabase dia a dia , empezan ás represalias.

Era o dicir de todos os días… en tal sitio os escapados mataron a “fulano”. En tal sitio disque estiveron en casa de “fulano”. O medo seguia.