viernes, 17 de mayo de 2013

A evolución da televisión


En 1920 a television non era totalmente eléctrica , o seu mecanismo era semi-mecanico era unha caixa grande e unha pantalla moi pequena.



A medida que pasaban os anos as pantallas seguian sendo pequenas pero a caixa ibase facendo pequena para poder colocala nunha mesa.





Ó final dos 30 a televisión perfeccionouse e o seu mecanismo foi electrico. Despois terminada a Guerra a producción baixou moito e alguns canais pararon a sua transmisión.



En 1948 despois da Guerra, saíu un novo modelo ó mercado. Recuperouse a economia e a xente empezaba a mover a diñeiro. A televisión empezou a ser un electrodoméstico que todas as familias a querian ter.



En 1960 a televisión deu un gran cambio radical , pasouse de ver en blanco e negro a verse con cor.



No 1974 saíu unha nova televisión ó mercado , moi caracteristico dos anos 70.





Nos anos 80, comenzouse a dar como o modelo de hoxe en día , o cambio revolucionario foi o control remoto era moi costoso pero gran complemento da televisión en moitos hogares.




Nos 90, os televisores de preyeccion empezaban a ser vendidos, coa necesidade de ter pantallas mais grandes como se fose un cine.



Os televisores de hoxe en dia cada vez son mais innovadores, as pantallas de plasma, pantallas LDC e de alta definición ...







jueves, 16 de mayo de 2013

Cartillas de racionamiento


Os anos da potguerra, 1939-1953, coñecidos como os anos da fame, polo que sufriu a poboación despois da guerra civil. Implantouse un réxime de racionamento cos productos básicos de alimentación para as persoas que non podian dispoñer deles.





A cartilla era esencialmente un talonario de varios cupóns onde se indicaba a cantidade e tipo de mercancia que unha persoa tiña que recoller nun establecemento asignado. Era carne e productos alimenticios básicos eran de tres clases segundo a categoria do demandante.







As persoas encargadas en repartilas eran chamadas " os do abastos" dicese que cando estes iban a un pobo os campesiños escondian as vacas, as legumes a fariña... para poder disfrutar eles tamén da cartilla.


                                              


As cartillas familiares estiveron presentes dende 1939 ata 1943 que foron cambiadas por cartillas individuais para asegurar un control mellor e a asignación a cada persoa.


miércoles, 15 de mayo de 2013

recordos do pasado


Esta vez o meu querido avó lembrouse dun par de anécdotas neses tempos cando el era pequeno e tiña moito medo o que sucedia…

E dixome:

Recordo un dia estando cun zapateiro que había a carón da miña casa, vimos pasar como unas 6 persoas algunhas con vestimenta rara, mandoume ver quenes eran , ó ver algo raro y que algunhas persoas eran coñecidas, me volví e conteillelo e me dixo: vete para casa!que son os escapados! Pechamos portas e ventás e pronto chegou o alcalde do barrio chamando o meu pai para facer guardia a dous que habían matado un fora alcalde e o outro non sei que cargo desempeñara.



Uns anos mais tarde era eu sacristán e o cura mandoume ir a mercar tabaco. E cando estaba con el na cociña chegaron os escapados e lle dician  que lles entregara as armas respondendolles que non as tiña , entonces nos levaron ós dous para fora , amin me arrimaron ó pozo da auga, avisándome que non me moverá de alí e ó cura o levaron ata a carreteira onde estaban os outros compañeiros.

O pouco tempo con moito medo de que me viran marchei cruzando matorrais a gatas ata chegar a unha casa cercana, metendome chorando debaixo das saias dunha anciá que estaba sentada nun banco.
Neste momento chegou o marido dicindo: “cerrar todo que están ahí os escapados e a garda civil”  empeza entón un tiroteo con dous escapados mortos e un garda civil.

tempos complicados


Pregunteille ó meu avó a forma de vivir cando el era cativo…

E recordando lembrouse dalgunas cousas… e contoume:


Eran tempos moi difíciles, vivíamos co corazón nun puño, pasaba fame de pan de trigo e medo, moito medo..

Que se milicianos, vecinos nostros , que si a garda civil, vestidos con aqueles capotes largos e armados ata as uñas que ó velos nos meabamos de medo.

Éramos unha familia humilde, labradores e con poucos recursos, vivíamos do froito da terra arrendada que traballaban os meus pais, a terceira parte da colleita era para o propietario das terras , mais os días que había que traballar para eles gratis.






Era fillo único , vivía cos meus país e unha tia da miña nai , por iso todo o que xuntaban era para “Pepiño” ( o meu avó).




Pola mañá, subia a escola unitaria “do castro”por un sendeiro polo medio do monte con zocos de madeira e cando chovia poñiame un saco do abono na cabeza.




Iba pasando o tempo  e a necesidade e o medo incrementabase dia a dia , empezan ás represalias.

Era o dicir de todos os días… en tal sitio os escapados mataron a “fulano”. En tal sitio disque estiveron en casa de “fulano”. O medo seguia.

sábado, 6 de abril de 2013

A muiñeira

A muiñeira tamén forma parte da nosa cultura , a cultura Galega.

É unha danza popular das comunidades autónomas de Galicia, Castela e Leon e Asturia, cantase e bailase acompañada da gaita do tamboril, pandeireta , tambor, pandeiro, bombo, cunchas...básase nun compás de 6/8 similar.









Muiñeira é a muller que traballa no muíño , o muíño de auga tivo una presencia prodigiosa na economía local de Galicia , a razón é que houbo e hai moitos ríos e caudales fluviais que regan esta terra.

A aparición da muiñeira intentase explicar asi como unha evolución dunha antigua danza guerreira , que sería vovler as antiguas raíces celtas da cultura de Galicia.

Outra teoría é que a muiñeira como indica o seu nome naceu nos molinos durante as fechas da muiñada(acción o efecto de moer) .

Hoxe en día a muiñeira para os galegos é un momento de unha boa festa.

Así se descobre que en galicia , nesta sociedade rural , apesar do duro traballo destas persoas tamén teñen o sue momento de relax de diversión , a través dos bailes e dos cantos.

A vestimenta da muiñeira , tanto nas mulleres coma nos homes predominan os cores roxos, negros e brancos.







A gaita é un instrumento da música galega tradicional , entorno este invento desenvólvense todas as actividades musicais.

Non se sabe exactamente a súa procedencia, aunque se conservan pinturas y gravados del antiguo egipto , en los que se representan músicos tocando un instrumento moi semellante a gaita actual.

A gaita sufriu transformacións o longo da sua historia.








lunes, 1 de abril de 2013

os celtas

Os celtas galegos tamén forman parte da nosa cultura.
Todas ás culturas e pobos tiveron unha civilización anterior que soen marcar bastante os novos poboadores e as súas costumes.
Na cultura galega un dos retos importantes son os dos celtas , as súas casas diferencianse das outras culturas, son de pedra, de forma circular e tellado de palla.


Pero.. quenes eran os Celtas e que os diferenciaban das demais culturas?
A palabra Celta significaba "heroe" e creese que é o orixen desta cultura que poblou as nosas terras galegas arredor do ano 2000a.C. Tratábase dun pobo guerreiro que dominaba o ferro.


As súas lendas de misterio e as súas costumes ancestrais son moi famosas e o podemos ver en numerosas tendas de trisqueles e outros simbolos desta cultura.
Por exemplo hoxe en dia podemos encontrar colgantes , pendentes... con simbolos dos Celtas que aínda hoxe estan presentes.






Desta cultura saíron os famosos bardos ou instrumentos tradiccionais na nosa terra actualmente, como a gaita , flauta ou o arpa. En Galicia quedou moi arraigada esta cultura musical levandonos a ser un lugar onde hai maior variedade e calidade de grupos celtas a nivel mundial.




       



Existe unha forte creencia de que o nostro caracteristico acento e sonido semi-nasal do portugues e o galego teñen sus orixenes na lengua celta, da cual aun se conservan algunhas palabras.
Por exemplo a palabra usada en algunhas zoas de Galicia bruire que significa facer ruído.

No se coñece moito sobre a vida diaria, a relixion ou a organizacion política dos Celtas , pero o que si que se pode saber é que existen costumes que permanecen ata os nosos días.
Al igual que moitos lugares actuais este cultura celta no consideraban a muller por debaixo do home , para a época na que estaban era unha cultura moi avanzada.


Outra característica dos celtas era o seu entusiasmo pola comida, e hemos heredado gran parte dos seus manxares. Neses siglos al igual que na actualidade a viño tiña gran importancia , ademais tamén unha especie de cervexa realizada con trigo e mezclada con mel.
Os Celtas no son pobos guerreiros , as súas vidas estaban orientadas a gandería , agricultura e por suposto ó mundo máxico e espiritual, no cal destacaron os druidas, famosos polas súas pócimas e elementos curativos.










sábado, 2 de marzo de 2013

As cousas boas non deberían cambiar nunca

Praia de Ber




É unha zoa enganosa , moita xente pode ser perxudicada pola súa contaminación e máis ainda se non hai ningún tipo de aviso. A xente cercana a zoa pode sabelo pero hai outras que é a primera vez que a visitan e non saben do seu problema.
Houbo un verán que suspendéronse os campings polos problemas da contaminación da auga.

Praia Santa Cristina

viernes, 1 de marzo de 2013

Rías galegas


Non todo é o que parece…

Ás rías galegas son recoñecidas como uns dos principais atractivos de Galicia, a pesar disto estas rías agochan contaminación, exteriormente pódeche parecer un paisaxe moi bonito pero iso non é a realidade.


Ás 19 rías galegas aún soportan 864 puntos de vertido, cun total de 453 ,detectouse a existencia de contaminación.

En Galicia , o 57% dos puntos de vertido agochan augas residuais urbáns sen depurar que rematan no dominio público por deficiencias nas redes de saneamento, carencias de depuración…

Esta contaminación, supón un impacto visual e desagradable para todas as persoas, afecta sobre todo no turismo. Xa que Galicia é un lugar bastante elixido por moitas persoas pola súa beleza e as súas augas.

Non é agradable que unha persoa que veña de vacacións a coñecer unha zoa que supostamente bonita e limpa e se encontra cuns vertedeiros , vertidos industriais , augas sen claridade…

Nesta imaxe vese ben os vertidos que hai nas rías, isto é unha paisaxe totalmente destrozada:





Un dos exemplos máis cercanos é o da ría de Ferrol , situada no norte de Galicia , na provincia de A Coruña



Unha fotografía bonita da ría de Ferrol que non aparenta ter o minimo problema e a xente que non é de aquí só ve iso.



E cando veñen ás nosas costas.. encóntranse con isto...


jueves, 31 de enero de 2013

folga 1972

Os galegos tamén se revolucionan , tamén manifestan a súa opinión e queren ser escoitados.
Loitan polo que lles parece inxusto ou para conseguir algo que levan tempo esperando  e se eles non se manifestan para loitar polo seu, polo que queren,  ¿Quén se vai a revolucionar por eles?...












lunes, 28 de enero de 2013

Prestige

No seguiente video vese unhas imaxes de como quedou todo tras a catastrofe , a contaminación que deixou , a xente que axudou , as manifestacións...

lunes, 7 de enero de 2013

O Monte Medulio



A historia do Monte Medulio é unha das máis coñecidas dentro da cultura galega , que incluso extendeuse polos pobos veciños da comunidade.
Conta a lenda que nos tempos dos romanos , no 22 a.C , aconteceu una batalla entre os pobos romanos e os castrenses da zoa que eran os guerreiros cántabros, astures e galaicos.




Xa o tiñan todo programado , en caso de que sufriesen a derrota contra os romanos, nunca se entregarían , o loitaban ata a morte o matarianse suicidándose colectivamente.
Remataron suicidándose pola derrota, preferían estar mortos antes que nas mans dos romanos.



Esta historia sorprendeu a Roma onde víase a valentía dos galaicos e preferíndo a súa morte proclamando a súa liberdade antes que ser romanizados.O Monte Medulio quedou para sempre como un símbolo de liberdade nas terras galaicas.




Esta batalla entre romanos e castrenses se produciu no Monte Medulio, o problema é que ninguén sabe con exactitud onde se encontra o monte. Isto orixinou no entorno a creación de moitas lendas e historias sobre espítirus.

O Monte Medulio hai quienes o sitúan no Pico Cervera en Asturias, outros nos vales de Cantabria , pero os que afirman estar mais encamiñados son os que pensan que o Monte Medulio esta en Galicia aunque non hai lugar fixo.