miércoles, 15 de mayo de 2013

recordos do pasado


Esta vez o meu querido avó lembrouse dun par de anécdotas neses tempos cando el era pequeno e tiña moito medo o que sucedia…

E dixome:

Recordo un dia estando cun zapateiro que había a carón da miña casa, vimos pasar como unas 6 persoas algunhas con vestimenta rara, mandoume ver quenes eran , ó ver algo raro y que algunhas persoas eran coñecidas, me volví e conteillelo e me dixo: vete para casa!que son os escapados! Pechamos portas e ventás e pronto chegou o alcalde do barrio chamando o meu pai para facer guardia a dous que habían matado un fora alcalde e o outro non sei que cargo desempeñara.



Uns anos mais tarde era eu sacristán e o cura mandoume ir a mercar tabaco. E cando estaba con el na cociña chegaron os escapados e lle dician  que lles entregara as armas respondendolles que non as tiña , entonces nos levaron ós dous para fora , amin me arrimaron ó pozo da auga, avisándome que non me moverá de alí e ó cura o levaron ata a carreteira onde estaban os outros compañeiros.

O pouco tempo con moito medo de que me viran marchei cruzando matorrais a gatas ata chegar a unha casa cercana, metendome chorando debaixo das saias dunha anciá que estaba sentada nun banco.
Neste momento chegou o marido dicindo: “cerrar todo que están ahí os escapados e a garda civil”  empeza entón un tiroteo con dous escapados mortos e un garda civil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario