miércoles, 15 de mayo de 2013

tempos complicados


Pregunteille ó meu avó a forma de vivir cando el era cativo…

E recordando lembrouse dalgunas cousas… e contoume:


Eran tempos moi difíciles, vivíamos co corazón nun puño, pasaba fame de pan de trigo e medo, moito medo..

Que se milicianos, vecinos nostros , que si a garda civil, vestidos con aqueles capotes largos e armados ata as uñas que ó velos nos meabamos de medo.

Éramos unha familia humilde, labradores e con poucos recursos, vivíamos do froito da terra arrendada que traballaban os meus pais, a terceira parte da colleita era para o propietario das terras , mais os días que había que traballar para eles gratis.






Era fillo único , vivía cos meus país e unha tia da miña nai , por iso todo o que xuntaban era para “Pepiño” ( o meu avó).




Pola mañá, subia a escola unitaria “do castro”por un sendeiro polo medio do monte con zocos de madeira e cando chovia poñiame un saco do abono na cabeza.




Iba pasando o tempo  e a necesidade e o medo incrementabase dia a dia , empezan ás represalias.

Era o dicir de todos os días… en tal sitio os escapados mataron a “fulano”. En tal sitio disque estiveron en casa de “fulano”. O medo seguia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario